Manpages

NOME

XdTV (un programa X11 baseado en xawtv) é un software que permite ver a TV. Interactúa con AleVT para Teletexto e Nxtvepg para NextView, e usa a API video4linux. Pode ser usado con filtros de desentrelazado e gravar arquivos de vídeo con algún destes codecs: ffmpeg(>=0.4.6), xvid(0.9 & 1.x), Ogg Theora (>=1.0alpha5) & Vorbis e divx4/5. Tamén admite plugins.

RESUME

XdTV [ opcións ]

DESCRIPCIÓN

XdTV é un programa para ver a TV no teu equipo Linux. Usa os Athena widgets. (xaw, xaw3d, xawM, xaw95 ou neXtaw) XdTV soporta o controlador bttv e v4l &v4l2 (video4linux, incluido en 2.1.x).

XdTV le o arquivo de configuración $HOME/.xdtv/xdtvrc ó inicio. Este arquivo garda as estacións de TV dispoñibles e algún parámetro como a norma de TV. Ó inicialo por primeira vez XdTV creará un arquivo de configuración mínimo. Despois terás que modificalo para adaptarse ás túas necesidades; mira máis adiante os detalles.

OPCIÓNS

-b profundidade

forza XdTV a usar profundidade bits de profundidade de color. Pode ser necesario para 24/32 bits. Sen embargo, a maior eficiencia en modo grabdisplay consíguese con 16 bits de profundidade de color.

-f

arranca en modo de pantalla completa.

-n

non le o arquivo de configuración ($HOME/.xdtv/xdtvrc).

-o filename

define o arquivio para capturas de ppm e jpeg (por defecto é snap000.ppm ou snap000.jpeg)

-v nivel

Amosa mensaxes, nivel pode ser 0 (por defecto), 1 ou 2. Só se usa para depurar. Se non se especifica o nivel , suponse nivel 1.

-x

desabilita o uso de extensións de X11 (DGA, VidMode).

-d

desabilita o uso da extensión DGA de X11.

-D dir

Define a dirección do framebuffer a dir. Necesítase para modo overlay se DGA non está dispoñible (¡necesita privilexios de root, úsao con coidado!).

-c dispositivo_video

dispositivo de vídeo de video4linux. Para sistemas con devfs habilitado, por defecto é /dev/v4l/video ou /dev/v4l/video0, nesa orde. Para sistemas sen devfs, por defecto é /dev/video ou /dev/video/video0 ou /dev/video0, nesa order. En sistemas con /proc habilitado, a detección do dispositivo de vídeo é automáxica.

-C dispositivo_vbi

dispositivo vbi de video4linux. Para sistemas con devfs habilitado, por defecto é /dev/v4l/vbi ou /dev/v4l/vbi0, nesa orde. Para sistemas sen devfs, por defecto é /dev/vbi ou /dev/video/vbi ou /dev/vbi0, nesa orde. En sistemas con /proc habilitado, a detección do dispositivo vbi é automáxica.

-noxv | -no-xv

desabilita o soporte Xvideo se foi compilado con el.

-xvport numero

define o porto Xvideo Image (por defecto o primeiro usable se Xvideo está dispoñible). Un porto usable é aquel que soporte o formato YUY2.

-noxvdefaults

Normalmente xdtv define o parámetro de XVideo (como contraste...) co seu valor por defecto. Esta opción desabilita este comportamento. (útil para adaptadores estropeados)

-noplugin

desabilita calquera plugin instalado.

-plugin rutaarquivo

habilita un plugin específico.

-plugindir rutadir

especifica o directorio de plugins (por defecto=/usr/local/lib/xdtv-plugins)

-probe_memcpy

forza a proba de distintas posibilidades para unha función memcpy rápida.

-rec_fps fps

especifica o framerate de gravación (por defecto=25.0)

-rec_display on|off

especifica o modo de display durante a gravación (por defecto=1)

-rec_width anchura

especifica a anchura do vídeo gravado (por defecto=384), se a anchura é 0 entón usarase 4/3*altura

-rec_height altura

especifica a altura do vídeo gravado (por defecto=288), se a altura é 0 entón usarase 3/4*anchura

-rec_videobr br

especifica o bitrate de gravación de vídeo a br kbit/s (por defecto=800)

-rec_stereo on|off

activa o modo estéreo (por defecto=off)

-rec_audiofreq frec

especifica a frecuencia de gravación de audio (por defecto=44100Hz)

-rec_audiofmt u8|s16le

especifica o formato de gravación de audio (por defecto=s16le)

-rec_audiobuf tamaño

especifica o tamaño do buffer de audio (por defecto=1764)

-rec_fragments numero

especifica o número de fragmentos de audio (por defecto=48)

-rec_fragmentsize tamaño

especifica o tamaño do framento de audio (por defecto=2048)

-rec_acodec nome_codec

especifica o codec de gravación de audio (por defecto="LAME MP3")

-rec_mp3cbr br

activa MP3 CBR e especifica o bitrate a br kbit/s (por defecto=activo, 128kbit/s)

-rec_mp3vbr calidade

activa MP3 VBR e especifica a calidade de compresión (0=mellor, 9=peor) (por defecto=desactivado, calidade=8)

-rec_vcodec nome_codec

especifica o codec de gravación de vídeo

-rec_container container_name

define o contenedor de gravación

-rec_maxgap hoco

especifica o máximo hoco de gravación entre audio e vídeo en segundos (por defecto = 0.08 segundos)

-rec_delay valor

especifica o retardo de gravación entre audio e vídeo en segundos (por defecto = 0.00 second). valor pode ser negativo ou positivo. O retardo estará sempre entre valor-hoco e valor+hoco. Usa esta opción se te decatas de que sempre hai o mesmo retardo A/V nas túas películas, pero normalmente 0.00 estará sempre ben.

-rec_sub on|off

especifica se se gravan os subtítulos (os subtítulos grávanse en formato MPsub de MPlayer).

-rec_chg on|off

permite cambios de canle durante a gravación.

-rec_filename nomearquivo

especifica o nome do arquivo avi (por defecto=divx_path/movie-canle-data.avi)

-rec_maxsize s

define o máximo tamaño da gravación a s Mb. (por defecto=1024 para sistemas de ficheiros MSDOS, 4096 en outro caso)

-rec_stream on|off

activa exportación http da gravación (XdTV actuará como un servidor de streaming http)

-rec_http_port

especifica o porto do stream http (por defecto=63427)

-e "cmd_1; cmd_2; cmd_3;...cmd_n"

executa os comandos ó inicio da execución mira xdtv_cmd(1) para a lista de comandos

-nowd

desabilita a decoración da ventá ó inicio

-stayontop

Inicia coa opción sempre enriba activa.

-h

imprime unha breve mensaxe de uso e sae.

-version

da a versión actual de XdTV.

-v4l2

forza o controlador v4l2. Por defecto se o teu controlador non é v4l2 entón selecciónase automáticamente o modo v4l1, con esta opción se non tés v4l2, XdTV finaliza.

-v4l1

forza o vello controlador v4l1. Non se recomenda porque os controladores que ofrecen v4l2 son máis inestables en modo v4l1.

-xvtv

communícase coa tarxeta de TV a través do servidor X (necesita Xvideo, e a tarxeta de TV debe ser reconocida por X. Non funciona con grabdisplay).

-xvtv_overlay on|off

usa XVideo para overlay se está dispoñible, todas as outras operacións usan o controlador normal. Só funciona con controladores v4l2 porque o dispositivo debe permitir varias aperturas. (por defecto=on con v4l2 e se o porto XvVideo se chama video4linux)

-xvtvport

especifica o porto de Vídeo Xvideo (por defecto o primeiro usable).

-novbi

non abre o dispositivo de teletexto.

-capture overlay|grabdisplay|off

para usar un modo específico de captura para todas as canles ó inicio.

-nbufs nbufs

especifica o número de kernel-buffered frames (por defecto=3).

-capt_width anchura

especifica a anchura máxima dos cadros capturados (por defecto=máximo=768)

-capt_height altura

similar á opción -capt_width. (por defecto=máximo=576)

-force_capt_width anchura

forza a anchura dos cadros capturados, por defecto=0, o que significa que non se forza, -1 significa a máxima anchura (768 para pal, 640 para ntsc).

-force_capt_height altura

similar á opción -force_capt_width. (por defecto=0=non se forza) -1 significa a máxima altura (576 para pal, 480 para ntsc).

-only_capt_width width

similar a -force_capt_width, pero máis estricto

-only_capt_height height

similar a -force_capt_height, pero máis estricto

-fullscreen_mode 1 | 2 | 3

Escolle o método a usar cando se activa a pantalla completa.

-avi nomearquivo.avi

le os cadros (frames) de nomearquivo.avi. (só usado para probas)

-avibench

(require a opción -avi) Non hai retardo entre dous cadros, para cando se alcanza o final do arquivo e amosa algunha estadística de uso de CPU.

-avi_audiofragments numero

especifica o número de fragmentos de audio para ler avis (por defecto=2, 16 para sunaudio)

-avi_audiofragmentsize tamaño

especifica o tamaño dos fragmentos de audio para ler avis (por defecto=2048)

-avinoaudioout

non produce saída de audio durante a lectura do avi.

-sub on|off

activa/desactiva subtítulos (por defecto=off)

-xosd

usa a biblioteca xosd para amosar osd.

-noalsa | -nooss | -nosunaudio

non usa o controlador indicado para xestionar o son

-mixer_dev

selecciona o dispositivo mezclador. (por defecto=por defecto para alsa, /dev/mixer parar oss e sunaudio)

-mixer_tvchan

selecciona a canle do mezclador correspondente á TV (por defecto=Line para alsa, line para oss, inputs.line para sunaudio)

-mixer_pcmchan

selecciona a canle do mezclador correspondente ó audio dixital (por defecto=PCM para alsa, pcm para oss, inputs.dac para sunaudio)

-audio_dev

selecciona o dispositivo de audio. (por defecto=por defecto para alsa, /dev/dsp para oss, /dev/sound para sunaudio)

-restoresnd on|off

indica se XdTV restaura a configuración de son inicial ó saír. (por defecto=off, só traballa con alsa)

-bktr_mode nr

escolle un formato de captura polo seu número (mira os formatos soportados na saída de XdTV) (para BSD) debes especificar que modo se supón que é coa opción -grabfmt

-bktr_read

usa read no canto de mmap (lento, úsao só se o teu controlador tén problemas) (só para BSD)

-doublekey on/off

habilita teclas dobres (por defecto=on se hai máis de 10 estacións)

-doublekey_firstisone on/off

indica se a primeira estación tén o número 1 e non 0, necesítase para teclas dobres (por defecto=off excepto se lirc-key-1 está asignado á tecla numérica 0 ou a tecla rápida da primeira canle é 1, KP_1 ou KP_End)

-noxawpopup

Desabilita xaw popup

-nopixmap

Desabilita o uso de imaxes pixmap na decoración dos botóns.

-theme nome

Carga o tema indicado polo nome (por exemplo, "-theme aqua"). Por defecto, cárgase o tema gravado no arquivo de configuración. Se non se gravou ningún nome, cárgase o tema por defecto. Cada tema debe ser instalado independientemente do paquete principal. Poden instalarse varias versións do mesmo tema (por ex. aqua en francés e inglés), o programa cargará a versión que corresponde á linguaxe actual.

-nodecoinit

Para WM que teñen problemas coa inicialización da decoración (ffwm, ff2wm)

-nowmhooks

desabilita operacións específicas dun WM: pantalla completa para wm, sempre enriba...

-nowmfs

non usa WM Fullscreen. Útil para ter unha pantalla completa que cubre as demáis pantallas.

-ybar nr

especifica a altura dos bordes negros para unha altura total de 1000: nr=125 para 16:9, nr=200 para 20:9 (por defecto=0)

-grabfmt -grabfmt yuyv|yuv420|rgb32...

forza o formato dos cadros capturados pola tarxeta

-xvfmt yuyv|yuv420|rgb32...

forza o formato usado polo adaptador XVideo

-x11fmt gray1|gray4|rgb4|gray8|hi240|rgb8|rgb16|rgb24|rgb32...

forza o formato usado pola ventá x11

-vop op1:op2:op3...

aplica operacións no vídeo.

-aop op1:op2:op3...

aplica operacións no audio.

-vop_autograb on|off

entra automáticamente en modo grabdisplay cando se activa unha op. de vídeo (por defecto=on)

-novop

desabilita calquera operación no vídeo.

-noaop

desabilita calquera operación no audio.

-xineramascreen number|off|auto

indica a pantalla onde se debe facer a pantalla completa. ("off" significa que non se usa xinerama (por defecto), "auto" que a pantalla se escolle pola posición actual de ventá)

-dvb

usa unha tarxeta de TV dvb. (en desenvolvemento...)

-alevt_arg

Debes escribir os argumentos de AleVT entre comiñas

--help ou -h
--version ou -v
--debug ou -debug
-copyright ou -©
-editor ou -ed

-display ou -d <dpy>

$DISPLAY

-geometry ou -g <geo>

41x25

-finetune ou -f <-4..4|auto>

0

-child ou -c ppp[.ss]

[-parent] ou -p ppp[.ss]

900

-[no]erc ou -[n]e

habilitado

-[no]bell ou -[n]b

habilitado

-charset ou -latin latin-1/2/koi8-r/koi/iso8859-7/el

latin-1

¡A orde é importante! Cada páxina ábrese nunha nova ventá
coa xeometría, dispositivo, e display indicados antes.

ppp[.ss] significa un número de páxina e opcionalmente un número de
subpáxina (ie 123.4). Se o número de subpáxina se omite, móstrase
a primeira subpáxina transmitida.

A opción -child require unha ventá pai. Así que debe ir
precedida por unha ventá pai ou outra ventá filla

Para saber máis das opcións de AleVT, mira a súa propia páxina de manual.

XdTV é unha aplicación X. Polo tanto podes usar todos os parámetros
propostos por X11(1):

-iconic : lanza XdTV non visible inicialmente.

-xrm resourcestring : Esta opción especifica un nome de recurso
e valor para cambiar calquera valor por defecto. Tamén é útil para
especificar recursos que non teñen argumentos específicos por liña de comandos.

por exemplo:
xdtv -xrm "xdtv.onscreen*foreground:red (obtén o vermello do OSD)
xdtv -xrm ’xdtv.vtx.label.font: -*-*-bold-r-normal-*-16-*-*-*-m-*-iso8859-1’
todos os recursos que están en XdTV.ad poden ser cambiados temporalmente
con este método.

EMPEZANDO

Simplemente arranca, esto tamén crea un arquivo de configuración. Despois comproba as opcións do programa (botón dereito do rato) e axusta a configuración (norma TV, fonte de vídeo, táboa de frecuencias). Podes controlar o sintonizador coas teclas de cursor e buscar estacións de TV

Se atopas un, arranca o teu editor de texto favorito e abre con el o arquivo de configuración $HOME/.xdtv/xdtvrc. Tamén podes probar o novo editor de canles. A tecla rápida ’E’ arráncao. Aviso: Escribir o arquivo de configuración co editor de canles borrará todos os comentarios que poidas ter engadidos ó arquivo de configuración.

funcións do Rato
O botón esquerdo abre un menú con todas as estacións de TV atopadas no arquivo de configuración. O botón central cambia á próxima estación. O botón dereito abre unha ventá con unha chea de opcións e funcións de control.

Atallos de teclado
A Audio on/off
Shift+A Audio on/off, salta a tarxeta de TV. (útil cando o son se perdeu
debido a unha recepción demasiado mala)
Ctrl+A Inicia/para o visor de Videotexto/Teletexto interno
Alt+A Abre a ventá de parámetros de AleVT
B Cambia a decoración da ventá
C Abre a ventá de Canles

Ctrl+D

Úsao para seleccionar un filtro de desentrelazado

E Abre o Editor de canles
F Fullscreen (pantalla completa) on/off
G Grab (captura) imaxe (tamaño completo, ppm)
Ctrl+G Grab (captura) imaxe (tamaño da ventá, ppm)
H Amosa a hora actual ben na barra de título da ventá ou con OSD
en modo de pantalla completa

Ctrl+H

Amosa unha ventá de axuda (só nas opcións principais e de TV)

J Captura imaxe (tamaño completo, jpeg)
Ctrl+J Captura imaxe (tamaño da ventá, jpeg)
K Abre a ventá de opcións de Plugin
O Abre a ventá de Opcións
P Alterna subtítulos: activos ou inactivos
Alt+P Vai atrás a unha páxina de subtítulos. Traballa cos comandos Ctrl+P e P
Ctrl+P Amosa subtítulos: escolle a páxina de subtítulos
Shift+P Permite seleccionar a páxina de subtítulos: teclea o número de páxina
R Grava película (inicia/para)
Alt+R Abre as opcións de gravación de vídeo
Ctrl+R Abre as opcións de gravación de audio
Shift+R Abre as opcións de Streaming
S Algunhas estatísticas de gravación
Shift+S Grava os parámetros de configuración
T Función "Sempre Enriba" que funciona con calquera xestor de ventás
compatible con Gnome ou con calquera xestor que soporte NET_WM
V Alterna Vídeo (Captura): overlay/grabdisplay/off
Shift+V Se lanzache unha gravación, é posible previsualizala
Shift+X Abre a ventá de opcións de Xosd
X Abre a ventá de opcións de X11
Ctrl+X Activa / desactiva Xosd
Z zapping, sintoniza cada estación uns
poucos segundos
Ctrl+Z Zapping rápido (captura as imaxes para a ventá
de canales)

0 Pón o audio en modo auto
1 Pón o audio en modo mono
2 Pón o audio en modo estéreo

arr/abai Sintoniza arriba/abaixo unha canle
esq/der Sintonización fina
RePg/AvPg Estación arriba/abaixo
Ctrl+arr escanea a próxima estación

ESC Sír

F1 Pide o título nxtvepg de novo
F5 Baixa o brilo a -512
F6 Sobe o brilo a +512
F7 Baixa a saturación a -512
F8 Sobe a saturación a -512
F9 Baixa o contraste a -512
F10 Sobe o contraste a +512
F11 Baixa o color a -512
F12 Sobe o color a +512

+/- Volume arriba/abaixo
Enter silencio

End Especifica decrecemento de borde negro
Home Especifica incremento de borde negro

Os corchetes almacenan un string (ID de estación de TV), as lineas seguintes son
a configuración desa canle. Normalmente a liña de canle é suficiente.

Hai algunha outra opción. Admítense para unha estación
(e úsanse para esa estación) e antes da primeira estación
(usaranse por defecto para todas). O último é útil para aspectos
comúns como a norma de TV. Mira tamén o exemplo que sigue.

Aquí descríbense en detalle as opcións:
fine = n

axuste fino (o que fan os cursores esquerdo e dereito), por defecto: 0

norm = pal | ntsc | secam

norma de TV, por defecto pal

key = keysym

Tecla rápida para a canle. Todas as keysyms de X11 se permiten aquí. Podes antepoñer
un keysym cun Modificador+, i.e. ^F é "Ctrl+F".

capture = off | overlay | grabdisplay

modo de captura: off, overlay (por defecto, tarxeta de TV => video, 0% cpu) ou
grabdisplay (tarxeta de TV => memoria principal => Servidor X => video, o frame rate
depende da carga e do tamaño da imaxe).

source = Television | Composite1 | Composite3 | SVHS

fonte de entrada

color = n
bright = n
hue = n
contrast = n

Rango válido: 0-65535, por defecto 32768

deinterlace = none | bob | weave | greedy | onefield

función de desentrelazado aplicada á imaxe

subpage = val (differente de 888)

Permite gravar unha páxina de subtítulos por defecto que será usado para
todos os usos de "amosar subtítulos".

As seguintes opcións globais permítense só antes da primeira estación
Poden modificarse mediante as opcións individuais de cada canle.
norm = pal | ntsc | secam

que norma de TV usar, por defecto SECAM

capture = off | overlay | grabdisplay

modo de captura: off, overlay (por defecto, tarxeta de TV => video, 0% cpu) ou
grabdisplay (tarxeta de TV => memoria principal => Servidor X => video, o frame rate
depende da carga e do tamaño da imaxe).

source = Television | Composite1 | Composite1 | SVHS

fonte de entrada

colorkey = valor

Si Xvideo está habilitado, asigna valor a colorkey.

fullscreen = ancho x alto

especifica que modo de vídeo debe usarse para pantalla completa. Traballa con
X11 só, a por suposto necesitas un modeline válido para este modo
no arquivo RC de X11.

fullscreen_mode = 1 | 2 | 3

Escolle o método a usar cando se activa a pantalla completa.

windowsize = ancho x alto

especifica o tamaño inicial da ventá de TV. Reemplaza a que se
especificou no arquivo de recursos XdTV.ad.

wm-off-by = [+-]x[+-]y

Algúns WMs manexan mal a gravidade estática (por exemplo mwm e kwm).
Isto é algo aburrido en pantalla completa. Con esta opción podes
corrixir esto cun desprazamento para mover as
ventás. Por exemplo, wm-off-by = -4-24 funciona en kwm (o xestor de
ventás de KDE).

subpage = val (por defecto = 888)

Permite gravar unha páxina de subtítulos por defecto para usarse en todos
os usos de "mostrar subtítulos".

freqtab =

selecciona a asignación de canal a frecuencia. Na ventá Opcións -> Táboa de frecuencia
abre un menú con todas as entradas válidas (e permite cambiar de táboa en tempo
de execución).

pixsize = ancho x alto

tamaño dos pixmaps da canle (na ventá de Canles). 0x0 desabilita esta
funciónalidade.

mixer_tvchan = dispositivo

Permite controlar o volume usando o mezclador da tarxeta de son. dispositivo *non*
é /dev/mixer (que se especifica con mixer_dev),
se non o nome da fonte de son (line1 para min, simplemente
usa un programa mezclador e descubre cal é a tarxeta
de TV...).
O control de volume funciona co teclado numérico: + sobe, - baixa, Enter
silencia.

mixer_dev = xxx | mixer_pcmchan = xxx | audio_dev = xxx

Parámetros avanzados mezclador/audio, mira a sección OPCIÓNS para máis explicacións

restoresnd = on|off

mira a opción -restoresnd

vop_autograb = on|off

mira a opción -vop_autograb

subtitles = on|off

Activación de subtítulos ó inicio.

capture_size = val (por defecto = 768 x 576)

Especifica o ancho e alto dos cadros capturados;

blackborder = nr (por defecto = 0)

establece a altura dos bordes negros (como a opción -ybar)

xawpopup = val (por defecto = on)

Desabilita ou habilita xawpopup

message_timer = val (por defecto= 5000)

Escolle canto tempo se mostra un título na pantalla.

decoration = on|off

Activación da decoración ó inicio.

stayontop = on|off

Activación de sempre enriba ó inicio.

xvport = numero

Porto de Imaxe Xvideo (similar á opción -xvport).

grab_filepath = val (por defecto = $HOME)

Escolle a ruta onde se gravan as imaxes capturadas.

jpeg_compression = val (por defecto = 75)

Escolle a porcentaxe de compresión par unha imaxe jpeg capturada.

xosd = on|off

Activación de Xosd ó inicio.

xosd_main_color = val (por defecto = lawngreen)

Escolle a cor do texto principal xosd.

xosd_outline_color = val (por defecto = black)

Escolle a cor do borde do texto.

xosd_outline_offset = val (por defecto = 0)

Escolle o tamaño da cor do borde

xosd_shadow_offset = val (por defecto = 0)

escolle o tamaño da sombra detrás do texto

xosd_main_font = val (por defecto = -*-bitstream vera sans mono-*-*-*-*-*-240-*-*-*-*-*-*)

Escolle a fonte para o texto principal xosd.

xosd_vtx_font = val (por defecto = -*-bitstream vera sans mono-*-*-*-*-*-180-*-*-*-*-*-*)

Escolle a fonte do texto para o teletexto xosd.

container = nome (por defecto = AVI)

Escolle o contenedor de audio/vídeo que queres usar para gravar.

codec = nome (por defecto = XviD)

Escolle o codec de vídeo que queres usar para gravar.

width = val (por defecto = 384) de 32 ata 768 (modulo 32)

Ancura do vídeo que se gravará.

height = val (por defecto = 288) de 16 ata 576 (modulo 16)

Altura do vídeo que se gravará.

bitrate = val (por defecto = 800) en Kbit/s de 1 ata 10000 (modulo 1)

Bitrate de vídeo en kbits/s.

quality = val (por defecto = 1)

Calidade de vídeo: de 1 a 5 para DivX, de 0 a 5 para FFMpeg & de 0 a 6 para XviD

stereo_mode = off | on (por defecto=off)

Escolle o modo de gravación de audio: mono ou estéreo.

compress_audio = on | off (por defecto = on)

Activa / desactiva o modo de compresión de son durante a gravación.

mp3_bitrate = val (por defecto = 128) de 16 a 512 (modulo 16)

Se seleccionas CBR, este parámetro axúdache a escoller o bitrate constante de
audio para MP3 (kbits/s)

mp3_quality = val (por defecto = 5) de 1 a 9 (modulo 1)

Nivel de calidade de MP3.

mp3_vbr_mode = on | off (por defecto=off)

Activa / desactiva o "Variable BitRate" para gravación de Audio MP3.

mp3_vbr_quality = val (por defecto = 8) de 1 a 8 (modulo 1)

Se selecciona o modo VBR de MP3, podes escoller o nivel de calidade.

fps = fps (por defecto = 25) de 1 a 30 (modulo 1)

Cadros por segundo. Este parámetro pode modificarse para sincronizar vídeo
e audio se hai problemas no arquivo AVI.

max_gap = val (por defecto = 80) de 1 a 500 ms (modulo 1)

O máximo hoco posible entre audio e vídeo no arquivo AVI.
Este parámetro pode modificarse para sincronizar audio e vídeo se
hai este tipo de problemas no arquivo AVI.

min_quantizer = val (por defecto = 2) de 1 a 64 modulo 1

Mínimo cuantificador: Canto máis pequeno é o cuantificador, máis alta é a calidade.
Estes parámetros axúdannos a modificar a calidade durante a gravación.
Se queremos calidade estable, teremos que ter MIN igual a MAX.

max_quantizer = val (por defecto = 8) de 1 a 64 modulo 1

Máximo cuantificador: Canto máis alto é, a calidade será máis baixa.
Estes parámetros axúdannos a modificar a calidade do vídeo durante a gravación.
Se queremos calidade estable, teremos que ter MIN igual a MAX.

audio_buffer_size = val (por defecto = 1764) de 441 a 65535 modulo 441

Tamaño do buffer de son usado durante a gravación.

audio_freq = val (por defecto = 44100)

Frecuencia do son durante a gravación.

audio_fmt = val (por defecto = s16le)

Formato do son durante a gravación.

divx_path = ruta (por defecto = $HOME ou a carpeta desde onde se lanzou XdTV)

Escolle unha carpeta onde queres gravar o arquivo avi.

maxsize = tamaño (por defecto=1024 para un sistema de arquivos MSDOS, 4096 para outros)

establece o tamaño máximo do arquivo gravado, en Mb.

display_frame = on | off (por defecto = on)

Amosa as imaxes na pantalla durante a gravación.

record_sub = on | off (por defecto = off)

Permite ou non gravar un arquivo de subtítulos durante a gravación do AVI

record_chg = on | off (por defecto = off)

Permite ou non cambiar a canle de TV durante a gravación un AVI

record_delay = val (por defecto = 0,000000)

especifica o retardo de gravación entre audio e video en segundos

streaming_mode = on | off (por defecto = off)

habilita exportación http da gravación
(XdTV actuará como un servidor de streams http)

streaming_http_port = val (por defecto = 63427)

especifica o porto do stream http

preview_player = val (por defecto = mplayer -nofs -quiet -nosound)

Se xa lanzache unha gravación, é posible previsualizala.
Escolle o reproductor que queres usar. Tamén podes usar
xdtv -avinoaudioout -avi

alevt_defaultpage = val (por defecto = 100)

Escolle a páxina de teletexto por defecto. Se escribes 100 200 300
lanzará 3 ventás alevt coas páxinas 100, 200 e 300 por defecto.

alevt_finetune_mode = none | auto | manual

Escolle o mellor método para capturar a sinal de teletexto.

alevt_finetune = val (por defecto = 1)

Se alevt_finetune_mode = manual, este valor úsase para axuste fino
da sinal de teletexto.

alevt_error_reduction = yes|no (por defecto = yes)

Se hai ruido na sinal de teletexto, esto activa
un algoritmo para reducir erros.

alevt_error_bell = yes|no (por defecto = yes)

Activación da campana cando aparecen erros.

alevt_charset = latin-1 | latin-2 | koi8-r | iso8859-7 (por defecto = latin-1)

Escolle o conxunto de caracteres entre latin, ruso e grego.

Se queres aprender máis acerca do soporte eventmap, le README.lirc.
Se desexas máis información sobre parámetros avanzados de XviD & FFMpeg,

mira nas páxinas man de MPlayer. Están todas ben explicadas.

exemplo de arquivo de configuración
Un arquivo de configuración pode parecerse a este:

#
# Opcións globais
#
norm = SECAM
capture = grab
source = Television
subpage = 888
freqtab = secam-france

mixer = line
restoresnd = off

xawpopup = on
message_timer = 5000
decoration = off
stayontop = on
subtitles = on

#
# Opcións de pantalla completa
#
fullscreen = 800 x 600
fullscreen_mode = 3
pixsize = 128 x 96
windowsize = 256 x 192
colorkey = 123456
capture_size = 768 x 576

#
# Opcións de captura
#
grab_filepath = /home/user
jpeg_compression = 75

#
# opcións XOSD
#
xosd = on
xosd_main_color = lawngreen
xosd_outline_color = black
xosd_main_font = -*-bitstream vera sans mono-*-*-*-*-*-240-*-*-*-*-*-*
xosd_vtx_font = -*-bitstream vera sans mono-*-*-*-*-*-180-*-*-*-*-*-*

#
# opcións de gravación
#
container = AVI
codec = XviD
width = 512
height = 384
bitrate = 800
quality = H623, High
stereo_mode = off
compress_audio = on
mp3_bitrate = 128
mp3_quality = 5
mp3_vbr_mode = off
mp3_vbr_quality = 8
fps = 25
max_gap = 80
audio_fragments = 48
audio_sizefragment = 2048
min_quantizer = 2
max_quantizer = 8
audio_buffer_size = 1764
audio_freq = 44100
audio_fmt = s16le
divx_path = /home/user
maxsize = 1024
display_frame = on
record_sub = on
record_chg = off
record_delay = 0
streaming_mode = off
streaming_http_port = 63427
preview_player = mplayer -nofs -quiet -nosound

#
# opcións "advanced" de gravación
#
ffmpeg_v4mv = no
ffmpeg_naq = no
ffmpeg_gray = no
ffmpeg_gmc = no
ffmpeg_qpel = no
ffmpeg_ildct = no
ffmpeg_keyint = 250
ffmpeg_vmax_b_frames = 0
ffmpeg_vlelim = 0
ffmpeg_vcelim = 0
ffmpeg_lumi_mask = 0
ffmpeg_dark_mask = 0
ffmpeg_tcplx_mask = 0
ffmpeg_scplx_mask = 0
ffmpeg_dia = 0
ffmpeg_cmp = 0
ffmpeg_subcmp = 0
ffmpeg_trell = no
ffmpeg_last_pred = 0
ffmpeg_predia = 0
ffmpeg_precmp = 0
ffmpeg_umv = no
ffmpeg_aic = no
ffmpeg_mbd = 0
ffmpeg_cbp = no
ffmpeg_obmc = no
ffmpeg_ss = no
ffmpeg_aiv = no
ffmpeg_loop = no
ffmpeg_ilme = no
xvid_vhq = 0
xvid_bvhq = no
xvid_chromame = no
xvid_chroma_opt = no
xvid_hqacpred = no
xvid_trell = no
xvid_cartoon = no
xvid_gray = no
xvid_interlacing = no
xvid_turbo = yes
xvid_qpel = no
xvid_gmc = no
xvid_keyint = 250
xvid_frame_drop_ratio = 0
xvid_vmax_b_frames = 0
xvid_bquant_ratio = 150
xvid_bquant_offset = 100
xvid_packed = yes
xvid_closed_gop = yes
xvid_bframe_threshold = 0
xvid_reaction_delay_factor = 16
xvid_averaging_period = 100
xvid_buffer = 100
xvid_max_I_quantizer = 12
xvid_min_I_quantizer = 2
xvid_max_P_quantizer = 12
xvid_min_P_quantizer = 2
xvid_max_B_quantizer = 12
xvid_min_B_quantizer = 2

#
# eventmap
#
lirc-key-0 = keypad 0
repeat = 1
lirc-key-1 = keypad 1
repeat = 1
lirc-key-2 = keypad 2
repeat = 1
lirc-key-3 = keypad 3
repeat = 1
lirc-key-4 = keypad 4
repeat = 1
lirc-key-5 = keypad 5
repeat = 1
lirc-key-6 = keypad 6
repeat = 1
lirc-key-7 = keypad 7
repeat = 1
lirc-key-8 = keypad 8
repeat = 1
lirc-key-9 = keypad 9
repeat = 1
lirc-key-ch+ = setstation next
repeat = 0
lirc-key-ch- = setstation prev
repeat = 0
lirc-key-vol+ = volume inc
repeat = 0
lirc-key-vol- = volume dec
repeat = 0
lirc-key-Mute = volume mute
repeat = 1
lirc-key-full_screen = fullscreen toggle
repeat = 1
lirc-key-source = setinput next
repeat = 0

#
# opcións de alevt
#
alevt_defaultpage = 100
alevt_finetune_mode = none
alevt_finetune = 1
alevt_error_reduction = yes
alevt_error_bell = yes
alevt_charset = latin-1

#
# Opcións de Canle
#
[TF1]
channel = 25
key = KP_End
bright = 35920
hue = 27689
deinterlace = Linear Blend

[France2]
channel = 22
key = KP_Down
deinterlace = Linear Blend

[France3]
channel = 28
key = KP_Next
deinterlace = Linear Blend

[Canal+]
channel = K06
key = KP_Left
deinterlace = Linear Blend

[Arte / La Cinquième]
channel = 30
key = KP_Begin
deinterlace = Linear Blend
subpage = 151

[M6]
channel = 33
key = KP_Right
color = 18371
norm = PAL
deinterlace = Linear Blend

[external]
key = KP_Home
source = Composite1
deinterlace = Linear Blend

FALLOS

¿Que e iso?

MIRA TAMÉN

http://bytesex.org/xawtv/ (páxina de inicio de xawtv)

http://bytesex.org/bttv/ (páxina de inicio do controlador bttv)

http://lecker.essen.de/~froese/ (decodificador de videotexto AleVT)

AUTOR

xawtv orixinal por Gerd Knorr <kraxel [AT] bytesex.org>

Por favor NON contactes con el se tés preguntas sobre XdTV. Esto saturará o seu buzón con correo que a el non lle interesa en absoluto. Mellor pregunta en foros relevantes...

Decodificador de videotexto AleVT orixinal por Edgar Toerning <froese [AT] gmx.de>

Por favor NON contactes con el se tés preguntas sobre o decodificador AleVT interno incluido en XdTV. Esto saturará o seu buzón con correo que a el non lle interesa en absoluto. Mellor pregunta en foros relevantes...

COPYRIGHT

Copyright (C) 1997,1998 Gerd Knorr <kraxel [AT] bytesex.org>

Copyright (C) 1998,1999,2000 Edgar Toerning <froese [AT] gmx.de>

Copyright (C) 2000,2003 Keuleu

Copyright (C) 2003-2005 Alain, Bart, Blindman, Calimero, Cooly, CycyX, CuC, Nico, Mat, Maupatz, Pingus Copyright (C) 2006 Alain, CuC, Nico, Pingus

Este programa é software libre; podes redistribuilo e/ou modificalo baixo os termos la Licencia Xeral Pública GNU, como foi publicada pola Free Software Foundation; ben a versión 2 da Licencia, ou (como prefiras) calquera versión posterior.

Este programa distribúese coa esperanza de que sexa útil, pero SEN NINGUNHA GARANTÍA; incluso sen a garantía implícita de MERCABILIDADE ou ADECUACIÓN A UN PROPÓSITO PARTICULAR. Mira a Licencia Xeral Pública GNU para máis detalles.

Deberías ter recibido unha copia da Licencia Xeral Pública GNU con este programa; se non foi así, escribe á Free Software Foundation, Inc., 675 Mass Ave, Cambridge, MA 02139, USA.