Manpages

NOME

transxx − Cria un ficheiro PO pseudotraducido a partir dun ficheiro modelo de PO

SINOPSE

transxx [modelo.pot]

DESCRICIÓN

transxx é unha ferramenta para a liña de comandos que produce un ficheiro PO básico a partir cun ficheiro de modelos PO. Algo do formato e estrutura das cadeas msgid será copiado ás cadeas msgstr, pero polo demais o texto será traducido como « xx ».

O ficheiro PO así criado é enviado á saída estándar.

Se executa o seu sóftware co idioma « xx » mostrará rapidamente caisque cadeas visíbeis para o usuario que non sexa traducíbel.

Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.

AUTORES

As ferramentas PO−XML foron escritas por Stephan Kulow <coolo [AT] kde.org>

Esta páxina de manual foi elaborada por Ben Burton<bab [AT] debian.org>

AUTOR

Ben Burton <bab [AT] debian.org>

Autor.

COMMENTS