NOME
kig − un programa de xeometría interactiva para o
SINOPSE
kig [−c, −−convert−to−native [−o, −−outfile nome do ficheiro]] [Opcións xenéricas do KDE] [Opcións xenéricas do Qt] |
DESCRICIÓN
O Kig é un aplicativo para a xeometría interactiva. Pretende cumprir dous obxectivos:
• Permitir que os estudantes exploren interactivamente as figuras e os conceptos matemáticos utilizando o computador;
• Servir como ferramenta WYSIWYG ("o que se ve é o que se obtén") para deseñar figuras matemáticas e incluílas noutros documentos.
Con este programa pódese facer xeometría nun computador igual que nun encerado nunha aula. Porén, o programa permite mover e modificar partes dun debuxo xeométrico para ver así que outras partes resultan alteradas como consecuencia.
O Kig admite lugares xeométricos e macros definidas polo usuario. Tamén importa e exporta formatos de ficheiros alleos, como os de Cabri, Dr. Geo, KGeo, KSeg e XFig.
Este aplicativo fai parte do módulo de educación oficial do KDE.
OPCIÓNS
App options, in a variablelist
−c, −−convert−to−native
Non mostrar unha GUI. Convertir o ficheiro indicado para o formato nativo do Kig. Este vai para a saída normal a menos que se lle pase Kig−−outfile.
−o, −−outfile nome de ficheiro
Emprégase con −−convert−to−native para indicar onde gravar o ficheiro creado novo do Kig. De non especificar esta opción ou non indicar un nome de ficheiro con −, o ficheiro vai para a saída normal.
VEXA TAMÉN
Está dispoñíbel documentación máis detallada para o usuario en help:/kig (podes introducir este URL en Konqueror, ou executar khelpcenterhelp:/kig).
Hai máis información dispoñíbel no sitio web do proxecto educativo de KDE [1] .
AUTORES
O Kig escribírono Dominique Devriese <devriese [AT] kde.org>, Maurizio Paolini <paolini [AT] dmf.it>, Franco Pasquarelli <pasqui [AT] dmf.it>, Pino Toscano <toscano.pino [AT] tiscali.it>e outros.
Esta páxina de manual está baseada na preparada para Debian por Ben Burton <bab [AT] debian.org>.
AUTOR
Ben Burton <bab [AT] debian.org>
Autor.
NOTAS
1. |
sitio web do proxecto educativo de KDE |