Available in

(1) (1)/ca (1)/da (1)/es (1)/fr (1)/gl (1)/hr (1)/id (1)/it (1)/ja (1)/pt (1)/ru (1)/ug (1)/zh_cn

Contents

NAME

Terminal − Un emulador de terminal para as X

SINOPSE

Terminal [OPCIÓN...]

DESCRICIóN

Terminal é o que se coñece como emulador de terminal X, a miúdo chamada terminal ou shell. Proporciona un equivalente a desfasada pantalla de texto no seu escritorio, pero que pode compartir a pantalla facilmente con outros aplicativos gráficos. Os usuarios de Windows pode que estean familiarizados ca utilidade MS−DOS, que ten a función análoga de ofrecer unha liña de comandos DOS en Windows, aínda que debe ter en conta que a CLI de UNIX é moito máis potente e fácil de usar que a de DOS.

Terminal emula ao aplicativo xterm desenvolvido polo X Consortium. En cambio, o aplicativo xterm emula á terminal do DEC VT102 e tamén soporta as secuencias de escape do DEC VT220. Unha secuencia de escape é unha serie de caracteres que comezan co carácter Esc. Terminal acepta todas as secuencias de escape que usan as terminais do VT102 e do VT220 usan para funcións como situar o cursor e limpar a pantalla.

OPCIóNS

Resumo de opcións
Aquí ten un resumo de todas as opcións, agrupadas por tipo. As explicacións están nas seguintes seccións.

Opcións xerais

−h, −−help; −V, −−version; −−disable−server; −−default−display=pantalla; −−default−working−directory=directorio

Separadores de fiestras ou lapelas

−−tab; −−window

Opcións de lapelas

−x, −−execute; −e, −−command=comando; −−working−directory=directorio; −T, −−title=título; −H, −−hold

Opcións de fiestra

−−display=pantalla; −−geometry=xeometría; −−role=rol; −−startup−id=cadea; −I, −−icon=icona; −−fullscreen; −−maximize; −−show−menubar, −−hide−menubar; −−show−borders, −−hide−borders; −−show−toolbars, −−hide−toolbars

Opcións xerais
−h
, −−help

Lista as diferentes opcións de liña de comandos que soporta Terminal e sae

−V, −−version

Mostrar a información da versión e saír

−−disable−server

Non rexistrarse co bus de mensaxes de sesión D−BUS

−−default−display=pantalla

A pantalla das X predeterminada que se vai usar.

−−default−working−directory=directorio

Define directorio como directorio de traballo predeterminado para a terminal

Separadores de fiestras ou lapelas
−−tab

Abrir unha nova lapela na última fiestra especificada; pódese proporcionar máis dunha destas opcións.

−−window

Abrir unha nova fiestra cunha soa lapela; pódese proporcionar máis dunha destas opcións.

Opcións de lapelas
−x
, −−execute

Executa o resto da liña de comandos na terminal

−e, −−command=comando

Executar comando na terminal

−−working−directory=directorio

Define directorio como directorio de traballo para a terminal

−T, −−title=título

Define título como título da fiestra inicial de terminal

−H, −−hold

Provoca que se manteña a terminal despois de que termine o comando fillo

Opcións de fiestra
−−display=
pantalla

Pantalla X a usar para a última fiestra especificada.

−−geometry=xeometría

Define a xeometría da última fiestra especificada a geometry. Consulte X(7) para obter máis información sobre como especificar as xeometrías das fiestras.

−−role=rol

Define a rol o rol de fiestra da última fiestra especificada. Só se aplica a unha fiestra e pode especificarse unha vez por cada fiestra que cree dende a liña de comandos. Úsase sobre todo para a xestión de sesións dentro de Terminal

−−startup−id=cadea

Especifica a notificación de inicio da última fiestra especificada. Úsase internamente para reenviar o id de notificación de inicio usando o servizo D−BUS.

−I, −−icon=icona

Define a icona da terminal como un nome de icona ou un nome de ficheiro.

−−fullscreen

Poñer a última fiestra especificada en modo pantalla completa; só se aplica a unha fiestra; pode especificarse unha vez por cada fiestra que se crea dende a liña de comandos.

−−maximize

Poñer a última fiestra especificada en modo maximizado; só se aplica a unha fiestra; pode especificarse unha vez por cada fiestra que se crea dende a liña de comandos.

−−show−menubar

Activa a barra de menú para a última fiestra especificada. Pode especificarse unha vez por cada fiestra que se crea dende a liña de comandos.

−−hide−menubar

Desactiva a barra de menú para a última fiestra especificada. Pode especificarse unha vez por cada fiestra que se crea dende a liña de comandos.

−−show−borders

Activar as decoracións das fiestras para a última fiestra especificada. Só se aplica a unha fiestra. Pode especificarse unha vez por cada fiestra que se crea dende a liña de comandos.

−−hide−borders

Desactivar as decoracións das fiestras para a última fiestra especificada. Só se aplica a unha fiestra. Pode especificarse unha vez por cada fiestra que se crea dende a liña de comandos.

−−show−toolbars

Activar as barras de ferramentas para a última fiestra especificada. Só se aplica a unha fiestra. Pode especificarse unha vez por cada fiestra que se crea dende a liña de comandos.

−−hide−toolbars

Desactivar as barras de ferramentas para a última fiestra especificada. Só se aplica a unha fiestra. Pode especificarse unha vez por cada fiestra que se crea dende a liña de comandos.

EXEMPLOS

Terminal −−geometry 80x40 −−command mutt −−tab −−command mc

Abre unha nova fiestra de terminal cunha xeometría de 80 columnas e 40 filas e dúas lapelas, na que na primeira lapela se executa mutt e na segunda lapela se executa mc.

CONTORNO

Terminal usa a Especificación Basedir tal como se define en Freedesktop.org [1] para localizar os seus datos e os seus ficheiros de configuración. Isto significa que as localizacións dos ficheiros se especificarán como unha ruta relativa aos directorio especificados na especificación.

${XDG_CONFIG_HOME}

O primeiro directorio no que se han buscar os ficheiros de configuración. Por defecto está definido a ~/.config/.

${XDG_CONFIG_DIRS}

Un lista separada por comas de directorios base que conteñen datos de configuración. Por defecto o aplicativo mirará en filename role="directory">${sysconfdir}/xdg/

${XDG_DATA_HOME}

A raíz de tódolos ficheiros de datos específicos do usuario. Por defecto é ~/.local/share/.

${XDG_DATA_DIRS}

Un conxunto de directorios base ordenados por preferencia relativos nos cales se deben buscar os ficheiros de datos ademais de no directorio base ${XDG_DATA_HOME}. Os directorios deben separarse con comas.

FICHEIROS

${XDG_CONFIG_DIRS}/Terminal/terminalrc

Esta é a localización do ficheiro de configuración que inclúe as preferencias que controlan o aspecto e mailo comportamento de Terminal.

${XDG_DATA_DIRS}/Terminal/Terminal−toolbars.ui

Este ficheiro inclúe a definición da interface de usuario para as barras de ferramentas. Se personaliza as barras de ferramentas usando o editor gráfico de barras de ferramentas, Terminal ha gardar a disposición das novas barras de ferramentas no ficheiro ${XDG_DATA_HOME}/Terminal/Terminal−toolbars.ui.

VEXA TAMéN

bash(1), X(7)

AUTHORS

Nick Schermer <nick [AT] xfce.org>

Desenvolvedor

Benedikt Meurer <benny [AT] xfce.org>
Desenvolvedor de software, os−cillation, Desenvolvemento do sistema,

Desenvolvedor

NOTES

1.

Freedesktop.org

http://freedesktop.org/

COMMENTS

blog comments powered by Disqus