Manpages

NAME

xdtv_alevt-cap − captura simple de páxinas de teletexto (adaptado a xdTV)

RESUME

xdtv_alevt-cap [opcións] ppp[.ss] ...

DESCRIPCIÓN

xdtv_alevt-cap é un programa para capturar páxinas de teletexto e escribilas en disco. Simplemente daslle unha lista de páxinas para obter e él gravaraas. Nada especial como temporizadores, rangos de páxinas, ou detección do nome da canle, está contemplado. Sen embargo, soporta diferentes formatos de arquivo - polo de agora ascii, ansi (ascii con secuencias de escape para dar color), html, png, e ppm.

OPCIÓNS

A continuación inclúese un resume das opcións.
−name 
nomearquivo

Especifica o nome de arquivo que se usará para gravar as páxinas. Pode conter un par de secuencias de % (ver máis adiante). (por defecto: ttext-%s.%e)

−format especificador-de-formato

Define o formato de arquivo usado para gravar as páxinas (ver máis adiante). (por defecto: ascii)

−format list|help

Lista todos os formatos de arquivo coñecidos e as súas opcións.

−vbi dispositivo

Usa o dispositivo indicado (por defecto: /dev/vbi).

−finetune −4..4|auto

Especifica o axuste fine para o decodificador. Para o valor xusto xoga con alevt. Por defecto: 1.

−timeout segundos

Se as páxinas non poden ser capturadas en segundos, o programa acaba con estado de saída 1 despois de gravar as páxinas xa capturadas. O valor por defecto é esperar indefinidamente.

−charset latin-1|latin-2|koi8-r||koi||iso8859-7||el

Selecciona o conxunto de caracteres a usar. Os caracteres non presentes no conxunto seleccionado reemplázanse por símbolos de aspecto similar. (por defecto: latin-1)

−−help

Amosa un resume das opcións.

−−version

Amosa a versión do programa.

Cada argumento que non é unha opción tómase como un número de páxina. As subpáxinas poden introducirse da forma ppp.ss onde ppp é a páxina e ss é a subpáxina. Se non se especifica subpáxina, quédase coa primeira subpáxina transmitida. A páxina grávase co formato e nome antes indicados.

Nomes de Arquivos
O nome de arquivo pode ter secuencias-%. Defínense as seguintes secuencias:

%%

Un símbolo %.

%e

a extensión por defecto do formato de saída seleccionado.

%p

o número de páxina e opcionalmente o número de subpáxina.

%P

o número de páxina.

%S

o número de subpáxina.

%s

o número de páxina como se deu por liña de comandos.

Entre o símbolo % e a letra podes indicar a anchura do campo co que se encherá o string.

Especificadores de formato
O formato de saída e as opcións asociadas danse mediante o especificador de formato. Está composto de unha ou máis palabras separadas por comas. A primeira palabra selecciona o formato de saída e as demáis son opcións para ese formato. Hai opcións comúns, válidas para todos os formatos de saída, e outras específicas (privadas) para un formato. Algunhas opcións teñen a forma dunha asignación. A orde das opcións é libre. Só o nome do formato debe ser a primeira palabra. Un exemplo:
ansi,reveal,bg=none

ansi é o formato e reveal e bg=none son opcións.

Polo de agora só hai dúas opcións comúns: reveal e hide. Controlan se os caracteres ocultos presentes nunha páxina deberían mostrarse na saída ou non. O valor por defecto é hide.

O string de formato especial list (ou help) darache a lista de todos os formatos de saída soportados e as súas opcións.

(O formato ansi é un alias para ascii,color.)

DIAGNÓSTICOS

Se o programa agota o tempo e algunha páxina falta, o estado de saída é 1. Se se dan erros fatais, o estado de saída é 2.

NOTA

Antes de arrancar o programa, debes sintonizar a canle de TV con outro programa como xdtv

ARQUIVOS

/dev/vbi*

MIRA TAMÉN

xdtv_alevt(1),

FALLOS

Se se lle pasa un número de páxina que nunca se tansmite o programa nunca acaba.

Informes de erros a <froese [AT] gmx.de>.