Available in

(6) (6)/cs (6)/de (6)/en (6)/es (6)/et (6)/fi (6)/fr (6)/gl (6)/hu (6)/id (6)/it (6)/ja (6)/lt (6)/pl (6)/pt (6)/pt_br (6)/sk (6)/sr (6)/tr (6)/zh_cn (6)/zh_tw

Contents

NOME

wesnothd − Daemon de rede multixogador do Battle for Wesnoth

SINOPSE

wesnothd [−dv] [−c ruta] [−p porto] [−t número] [−T número]
wesnothd −V

DESCRICIÓN

Administra partidas multixogador do Battle for Wesnoth. Véxase «http://www.wesnoth.org/wiki/ServerAdministration»; (en inglés) para ver as ordes que acepta o servidor a través do cliente wesnoth (/query ...) ou do fifo.

OPCIÓNS

−c ruta, −−config ruta

Indícalle a wesnothd onde atopar o ficheiro de configuración a usar. Véxase máis adiante a sección de CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR para ver a sintaxe. Pódese recargar a configuración enviando SIGHUP ao proceso do servidor.

−d, −−daemon

Executa wesnothd coma un daemon.

−h, −−help

Indica as funcións das opcións de liña de ordes.

−−log−nivel=dominio1,dominio2,...

Establece o nivel de severidade dos dominios de rexistro. Pode usarse all para referirse a calquera dominio de rexistro. Os niveis dispoñibles son: errorwarninginfodebug. Por defecto úsase o nivel error («erro») e o nivel info («información») para o dominio server («servidor»).

−p porto, −−port porto

Asocia o servidor ao porto especificado. Se non se especifica un porto, hase usar o porto 15000.

−t número, −−threads número

Define o número máximo de fíos efectivos en espera para a entrada e saída de rede a n (por defecto 5, máximo  30).

−T número, −−max−threads número

Define o número máximo de fíos efectivos que se van crear. Se se define a 0 non terá límite (por defecto vale 0).

−V, −−version

Amosa o número da versión e sae.

−v, −−verbose

Activa o rexistro da depuración.

CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR

A sintaxe xeral é:
[etiqueta]

clave="valor"

clave="valor,valor,..."

[/etiqueta]

Claves globais:
allow_remote_shutdown

Se se lle dá o valor no («non», valor por defecto), as solicitudes de apagado e reinicio ignoraranse salvo que procedan do fifo. Co valor yes («si») permitirase o apagado remoto por medio dunha /query realizada por un administrador.

ban_save_file

Ruta completa ou relativa a un ficheiro ─comprimido con gzip─ que o servidor poida ler e escribir. As vedas hanse gardar neste ficheiro e leranse de novo cando se inicie o servidor.

compress_stored_rooms

Determina se se debe ler e escribir o ficheiro de salas de forma comprimida. O valor por defecto é yes («si»).

connections_allowed

O número de conexións permitidas dende o mesmo IP. 0 equivale a infinitas. O valor por defecto é 5.

disallow_names

Nomes e alcumes que o servidor non acepta. Acéptanse * e ? como comodíns para patróns. Véxase glob(7) para máis información. Os valores por defecto (utilizados se non se especifica o contrario) son: *admin*,*admln*,*server*,ai,ai?,computer,human,network,player.

fifo_path

A ruta ao fifo polo que se poden enviar ordes ao servidor ─equivalente ao /query ... dende o wesnoth─. Se non se especifica outra cousa, toma a ruta indicada como valor por defecto durante a compilación (por defecto /var/run/socket/wesnothd/socket).

max_messages

O número de mensaxes permitidas en messages_time_period. (por defecto 4)

messages_time_period

O período de tempo (en segundos) que se usa para detectar unha inundación de mensaxes (por defecto 10 segundos).

motd

A mensaxe do día.

new_room_policy

Determina quen pode crear novas salas no servidor. Os valores dispoñibles son everyone («todos»), registered (só os usuarios «rexistrados»), admin (só os usuarios «administradores») e nobody («ninguén»). Por defecto poden todos.

passwd

O contrasinal que se utiliza para obter privilexios de administrador ─por medio de /query admin contrasinal─.

replay_save_path

O directorio no que o servidor garda as repeticións das partidas (non esquezas a canle /!). Por defecto é ‘’ que fai referencia ao directorio no que se iniciou wesnothd.

restart_command

A orde que utiliza o servidor para iniciar outro proceso de servidor por medio da orde restart («reiniciar»). Só se pode establecer mediante o fifo. Véxase a opción allow_remote_shutdown.

room_save_file

Ruta a un ficheiro onde gardar a información das salas. Lerase durante a inicialización do servidor e escribirase nel máis tarde. Se o ficheiro está baleiro ou non se forneceu unha ruta ao mesmo, nin se cargará nin se gardará ningunha sala.

save_replays

Determina se o servidor gardará as repeticións das partidas automaticamente. O seu valor por defecto é false («non»).

versions_accepted

Unha lista separada por comas de cadeas de versión que o servidor aceptará. Sopórtanse os comodíns de patróns * e ?. O seu valor por defecto será a versión do wesnoth correspondente.
Por exemplo: versions_accepted="*" aceptará calquera cadea de versión.

user_handler

O nome do xestor de usuarios a utilizar. Os xestores de usuarios dispoñibles actualmente son forum ─para conectar wesnothd á base de datos dun foro phpbb─ e sample ─unha mostra de exemplo da interface do xestor de usuarios, hai que estar tolo para utilizala en algo real─. O valor por defecto é forum. Tamén hai que engadir unha sección [user_handler], véxase a continuación.

Etiquetas globais:
[redirect]
é unha etiqueta para especificar un servidor ao que dirixir certas versións do cliente.

host

O enderezo do servidor ao que se dirixir.

port

O porto ao que se conectar.

version

Unha lista separada por comas de versións a dirixir. Compórtase do mesmo xeito que versions_accepted no referente aos comodíns de patróns.

[ban_time] é unha etiqueta para definir palabras clave axeitadas para duracións de tempos de veda temporais.

name

O nome que se usa para referirse ao tempo de veda.

time

A definición do tempo de duración. O formato é «%d[%s[%d%s[...]]]», onde %s será «s» (segundos), «m» (minutos), «h» (horas), «D» (días), «M» (meses) ou «Y» (anos), e %d será un número. Se non se proporciona un modificador de tempo asumirase en minutos (m). Por exemplo: time="1D12h30m" é un tempo de veda de 1 día, 12 horas e 30 minutos.

[proxy] é unha etiqueta para que o servidor actúe coma proxy e dirixa as solicitudes dos clientes conectados ao servidor especificado. Acepta as mesmas claves que [redirect].

[user_handler] configura o xestor de usuarios. As palabras clave dispoñibles variarán dependendo do xestor de usuarios que se estableza mediante a palabra clave user_handler. Se non hai ningunha sección [user_handler] na configuración, o servidor executarase sen ningún servizo de rexistro de alcumes.

db_host

(para «user_handler=forum») O nome do servidor da base de datos.

db_name

(para «user_handler=forum») O nome da base de datos.

db_user

(para «user_handler=forum») O nome do usuario co que iniciar sesión na base de datos.

db_password

(para «user_handler=forum») O contrasinal de dito usuario.

db_users_table

(para «user_handler=forum») O nome da táboa na que o foro phpbb almacena os datos do usuario. O máis probable é que dita táboa sexa <prefixo−da−táboa>_users (por exemplo, phpbb3_users).

db_extra_table

(para «user_handler=forum») O nome da táboa na que wesnothd gardará os seus propios datos dos usuarios. Terás que crear esta táboa manualmente, por exemplo mediante: CREATE TABLE <nome−da−táboa>(username VARCHAR(255) PRIMARY KEY, user_lastvisit INT UNSIGNED NOT NULL DEFAULT 0, user_is_moderator TINYINT(4) NOT NULL DEFAULT 0);

user_expiration

(para «user_handler=sample») O tempo en días tras o cal caduca un alcume rexistrado.

[mail] configura un servidor SMTP mediante o cal o xestor de usuarios pode enviar correos electrónicos. Actualmente só o utiliza o xestor de usuarios de exemplo.

server

O nome do servidor de correo.

username

O nome de usuario co que iniciar sesión no servidor de correo electrónico.

password

O contrasinal deste usuario.

from_address

O enderezo do remitente da mensaxe.

mail_port

O porto no que se executa o servidor de correo electrónico. O seu valor por defecto é «25».

ESTADO AO SAÍR

Cando o servidor se apague correctamente o estado ao saír será «0». Será «2» en caso de houber un erro coa liña de ordes.

AUTOR

Autor: David White <davidnwhite [AT] verizon.net>. Modificacións posteriores: Nils Kneuper <crazy−ivanovic [AT] gmx.net>, ott <ott [AT] gaon.net>, Soliton <soliton.de [AT] gmail.com> e Thomas Baumhauer <thomas.baumhauer [AT] gmail.com>. Autor orixinal: Cyril Bouthors <cyril [AT] bouthors.org>.
Visite o sitio oficial: http://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

Copyright © 2003−2009 David White <davidnwhite [AT] verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

wesnoth(6)

COMMENTS

blog comments powered by Disqus