Available in

(6) (6)/cs (6)/de (6)/en (6)/es (6)/et (6)/fi (6)/fr (6)/gl (6)/hu (6)/id (6)/it (6)/ja (6)/lt (6)/pl (6)/pt (6)/pt_br (6)/sk (6)/sr (6)/tr (6)/zh_cn (6)/zh_tw

Contents

NOME

wesnoth ─ Battle for Wesnoth, un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo fantástico.

SINOPSE

wesnoth [OPCIÓNS] [RUTA_AOS_DATOS]

DESCRICIÓN

O Battle for Wesnoth é un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo fantástico.

Derrota a todos os líderes inimigos escollendo sabiamente ás túas tropas e xestionando coidadosamente os teus recursos de ouro e vilas. Todas as unidades teñen as súas propias fortalezas e debilidades. Para gañar, desprega as túas forzas de xeito que aproveiten completamente o seu potencial, e impide que o fagan os inimigos. A medida que as unidades consigan experiencia, adquirirán novas habilidades e volveranse máis poderosas. Xoga na túa propia lingua e proba as túas habilidades contra a intelixencia artificial, ou únete á gran comunidade de xogadores en liña do Wesnoth. Crea as túas propias unidades personalizadas, escenarios ou campañas, e compárteos cos demais.

OPCIÓNS

−−bpp número

Establece o valor de bits por píxel. Por exemplo: −−bpp 32

−c, −−campaign

Vai directamente ao menú de selección das campañas.

−−config−dir nome

Define nome coma o cartafol da configuración do usuario no seu directorio persoal («$HOME») ou «Os meus documentos»\«Os meus xogos» en Windows.

−−config−path

Amosa a ruta do directorio da configuración do usuario e sae.

−d, −−debug

Activa opcións adicionais na consola do xogo (consulta a páxina wiki «http://wiki.wesnoth.org/CommandMode»;, en inglés, para obter máis información sobre a consola).

−e, −−editor ficheiro

Inicia directamente o editor de mapas integrado. Se se especifica un ficheiro, fai o mesmo que −l −−load

−−fps

Amosa o número de imaxes por segundo ao que se está executando o xogo, nunha esquina da pantalla.

−f, −−fullscreen

Executa o xogo a pantalla completa.

−−gunzip ficheiroentrada.gz

Descomprime un ficheiro que debería estar en formato gzip e gárdao sen o sufixo .gz. Borrarase o ficheiroentrada.gz.

−−gzip ficheiroentrada

Comprime un ficheiro en formato gzip, gárdao coma ficheiroentrada.gz e borra o ficheiroentrada.

−h, −−help

Amosa un resumo das opcións da liña de ordes, e sae.

−l, −−load ficheiro

Carga a partida ficheiro do directorio de partidas estándar. Se tamén se usan as opcións −e ou −−editor, iníciase o editor co mapa do ficheiro aberto. Se é un directorio, o editor iniciarase cun diálogo de carga de mapas aberto en dito directorio.

−−log−nivel=dominio1,dominio2,...

Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro. Pódese usar all para referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis dispoñibles son os seguintes: error (erro), warning (aviso), info (información) e  debug (depuración). Por defecto úsase o nivel error.

−−logdomains

Mostra unha lista de todos os dominios do rexistro e sae.

−−max−fps

O número de imaxes por segundo que pode amosar o xogo, o valor debe estar entre 1 e 1000, sendo 50 o valor por defecto.

−m, −−multiplayer

Executa unha partida multixogador. Hai opcións adicionais que poden usarse xunta con −−multiplayer tal como se explica máis abaixo. −−multiplayer só pode ir seguido destas opcións adicionais.

−−no−delay

Executa o xogo sen atrasos para probas de rendemento gráfico. Isto actívase automaticamente con −−nogui.

−−nocache

Desactiva a caché de datos das partidas.

−−nomusic

Executa o xogo sen música.

−−nosound

Executa o xogo sen sons e sen música.

−−path

Amosa o nome do directorio de datos do xogo e sae.

−r XxY, −−resolution XxY

Establece a resolución da pantalla. Por exemplo: −r 800x600

−−smallgui

Permite usar resolucións de pantalla inferiores a 800x480 e cambia o tamaño dalgúns elementos da interface.

−s, −−server [máquina]

Conéctase á máquina especificada se existe, senón conéctase ao primeiro servidor das preferencias. Por exemplo: −−server server.wesnoth.org

−t, −−test

Executa o xogo nun pequeno escenario de proba.

−−validcache

Asume que a caché é válida (perigoso).

−v, −−version

Amosa o número da versión e sae.

−w, −−windowed

Executa o xogo nunha fiestra.

−−with−replay

Reproduce a partida cargada coa opción −−load.

Opcións para −−multiplayer

As opcións multixogador específicas dun bando márcanse cun número. «número» tense que substituír por un número de bando. Normalmente é 1 ou 2 pero depende do número de xogadores posible do escenario escollido.
−−ai_config
número=valor

Escolle un ficheiro de configuración a cargar para a intelixencia artificial que controla o banod especificado.

−−algorithmnúmero=valor

Selecciona un algoritmo non estándar para que o use o controlador da intelixencia artificial dese bando. Os seus posibles valores son: idle_ai e sample_ai.

−−controllernúmero=valor

Selecciona o controlador dese bando. Os valores dispoñibles son: human e ai.

−−era=valor

Usa esta opción para xogar na era seleccionada en vez de na era por defecto (Default). A era elíxese mediante un id. As eras descríbense no ficheiro data/multiplayer/eras.cfg.

−−exit−at−end

Sae unha vez se rematou o escenario, sen amosar un diálogo de vitoria ou derrota que require que o usuario prema «Aceptar». Isto tamén se emprega para probas de rendemento automatizadas mediante guións.

−−nogui

Executa o xogo sen interface gráfica. Debe aparecer antes de −−multiplayer para ter o efecto desexado.

−−parmnúmero=nome:valor

Establece parámetros adicionais para o bando. Este parámetro depende das opcións usadas con −−controller e −−algorithm. Debería ter únicamente utilidade para a xente que está deseñando a súa propia intelixencia artificial (aínda non está documentado de forma completa).

−−scenario=valor

Selecciona un escenario multixogador polo id. O id do escenario predeterminado é multiplayer_The_Freelands.

−−sidenúmero=valor

Selecciona unha facción da era actual para este bando. A facción elíxese mediante un id. As faccións descríbense no ficheiro data/multiplayer.cfg.

−−turns=valor

Establece o número de roldas para o escenario elixido. Por defecto é 50.

ESTADO AO SAÍR

Se a situación ao saír é normal, o estado ao saír será «0». «1» correspóndese cun erro de inicialización ─ben do SDL, de vídeo, dos tipos de letra, etc─. «2» indica que o erro se produciu coas opcións da liña de ordes.

AUTOR

Autor: David White <davidnwhite [AT] verizon.net>.
Modificacións posteriores: Nils Kneuper <crazy−ivanovic [AT] gmx.net>, ott <ott [AT] gaon.net> e Soliton <soliton.de [AT] gmail.com>.
Autor orixinal: Cyril Bouthors <cyril [AT] bouthors.org>.
Visite o sitio oficial: http://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

Copyright © 2003−2009 David White <davidnwhite [AT] verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

wesnothd(6)

COMMENTS

blog comments powered by Disqus