Manpages

NOME

qtoptions − Opcións habituais da liña de comandos para todos os programas baseados nas bibliotecas Qt

SINOPSE

Programa baseado en Qt [Opcións xenéricas de Qt]

OPCIÓNS

As seguintes opcións son de aplicación a todos os programas baseados en Qt(TM):

−−display nomeDisplay

Usa o display nomeDisplay do servidor das X.

−−session sessionId

Restaura o programa para a sessionId que se indica.

−−cmap

Fai que o programa instale un mapa de cores privado nun display de 8−bits.

−−ncols número

Limita o número de cores reservadas no cubo de cores dun display de 8−bits, se o programa está a usar a especificación de cor QApplication::ManyColor.

−−nograb

Indicalle a Qt(TM) que nunca capture o rato nen o teclado.

−−dograb

Unha execución dentro dun depurador pode provocar un −−nograb implícito, use −dograb para sobrescreber.

−−sync

Muda para o modo sincrónico para depuración de erros.

−−fn,−−font nomeFonte

Define o tipo de letra do programa.

−−bg,−−background cor

Configura a cor de fondo por omisión e unha paleta do programa (as sombras claras e escuras son calculadas).

−−fg,−−foreground cor

Configura a cor por omisión de primeiro plano

−−btn,−−button cor

Configura a cor por omisión dos botóns.

−−name nome

Estabelece o nome do programa.

−−title título

Estabelece o título do programa (para a barra de título).

−−visual TrueColor

Obriga ao programa a usar un aspeito TrueColor nun display de 8−bits.

−−inputstyle estilo de entrada

Estabelece o estilo de entrada de XIM (X Input Method). Os valores posíbeis son onthespot, overthespot, offthespot e root.

−−im servidor XIM

Indica o servidor XIM.

−−noxim

Deshabilita o XIM

−−reverse

inverte a disposición dos widgets

−−stylesheet ficheiro.qss

aplica a folla de estilos de Qt aos widgets do programa

CONSULTE TAMÉN

kdeoptions(7)

AUTORES

Páxina de manual escrita por Lauri Watts <lauri [AT] kde.org>

AUTOR

Lauri Watts <lauri [AT] kde.org>

Autor.