Manpages

NAME

khangman − O clásico programa do enforcado para o KDE

SYNOPSIS

khangman [Opcións xenéricas do KDE] [Opcións xenéricas do Qt]

DESCRICIóN

O KHangMan é un xogo baseado no coñecido xogo do enforcado. Está dirixido a rapaces de seis e máis anos. Ten catro niveis de dificultade: Animais (palabras sobre animais), Doado, Medio e Difícil.

Cóllese unha palabra ao chou e acóchanse as letras. Hai que adiviñar a palabra tentando cunha letra despois doutra. Cada vez que se escribe unha letra errada debúxase parte dunha imaxe dun enforcado. Hai que adiviñar a palabra antes de que che colguen! Tes dez intentos.

Esta aplicación fai parte do módulo de Edutainment do KDE.

VEXA TAMéN

Disponse de documentación para o usuario máis detallada en help:/khangman (escriba este URL no Konqueror ou execute khelpcenterhelp:/khangman).

Tamén se dispón de máis información no sitio web de Edutainment do KDE: http://edu.kde.org/khangman/.

AUTORES

O KHangMan foi escrito por Primoz Anzur e Anne−Marie Mahfouf <annma [AT] kde.org>

Esta páxina de manual está baseada na preparada por Ben Burton para o proxecto Debian.

AUTHOR

Ben Burton.