Available in

(1)/ca (1)/de (1)/es (1)/et (1)/fr (1)/gl (1)/it (1)/nl (1)/pt (1)/pt_br (1)/sv (1)/uk

Contents

NAME

fixincludes − Reduce o número de #includes nos ficheiros de fontes de KDE

SYNOPSIS

fixincludes [−v, −−verbose] [−e, −−experimental] [−m, −−modify] [ficheiro] [−−help]

DESCRICIóN

fixincludes tenta reducir o número de #includes nos ficheiros de fontes de C++. Grande parte do que fai é específico para as fontes de KDE polo que posibelmente non traballe tan ben con fontes de programas que non sexan de KDE.

Foron identificados os seguintes problemas de fixincludes:

Incluír cabezallos que deixaron de estar soportados pero que existen por compatibilidades con versións anteriores de Qt/KDE;

Incluír o mesmo ficheiro múltiplas veces.

Temén hai un modo experimental que tenta eliminar un #include de cada vez (cunhas poucas excepcións) para ver se as fontes aínda compilan. Lembre que este é un modo experimental que modificará as fontes orixinais.

Por omisión, as fontes non serán modificadas; os problemas que sexan identificados serán notificados pola saída estándar.

A lista de fontes C++ a examinar debe ser indicada na liña de comandos. Se non indica nengún ficheiro, todas as fontes C++ no ou dentro do directorio actual serán examinadas (coa excepción dos directorios nos que o seu ficheiro Makefile.am conteña a opción −UQT_NO_COMPAT ou −UKDE_NO_COMPAT)

Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.

OPCIóNS

−v, −−verbose

Modo verborreico. Móstrase información adicional de depuración pola saída estándar.

−e, −−experimental

Modo experimental, definido en detalle anteriormente. Lembre que esta opción implica un −−modify.

−m, −−modify

Ademais de escreber na saída estándar, modificará de verdade as fontes orixinais para corrixir os problemas que fosen encontrados.

AUTORES

fixincludes foi escrito por Dirk Mueller <mueller [AT] kde.org>.

AUTHOR

Ben Burton.

COMMENTS

blog comments powered by Disqus