Available in

(1) (1)/ca (1)/de (1)/es (1)/et (1)/fr (1)/gl (1)/it (1)/pt (1)/pt_br (1)/sv (1)/uk

Contents

NAME

cheatmake − engaña a make para non recompilar certos ficheiros

SYNOPSIS

cheatmake [hidechangeficheiro] [show] [whyficheiro]

DESCRICIóN

cheatmake é usado para aforrar tempo ao recompilar. Pode engañar a make para que salte ficheiros que non fosen modificados dun xeito significativo. Pode ser usado, por exemplo, se modifica un comentario nun ficheiro pero non o código efectivo.

Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.

OPCIóNS

hidechange ficheiro

Acocha a modificación do ficheiro mudándolle o selo temporal cara o pasado. Use con precaución!

show

Lista os ficheiros que make debe recompilar na actualidade

why ficheiro

Explica por que debe recompilar make o ficheiro

AMBIENTE

Unha das seguintes variábeis (pero non ambas as dúas) debe estar configurada se o directorio das fontes non é o mesmo que o do código obxecto. Se o do código obxecto é simplesmente un subdirectorio do das fontes, debe usarse a variábel OBJ_SUBDIR, máis simples.
OBJ_SUBJDIR

Indica que o directorio do código obxecto está no subdirectorio indicado do das fontes. Por exemplo, se o directorio das fontes é kdesdk e o do código obxecto é kdesdk/obj−i386−linux, entón OBJ_SUBDIR debe ser obj−i386−linux.

OBJ_REPLACEMENT

Unha expresión de sed que é usada para transformar o directorio das fontes no de compilación. Por exemplo, se o das fontes é kdesdk/obj−i386−linux, entón OBJ_REPLACEMENT debe configurarse como s#kdesdk#kdesdk−obj#.

CONSULTE TAMéN

make(1)

AUTORES

cheatmake foi escrito por David Faure <faure [AT] kde.org>. Esta páxina de manual foi escrita por Ben Burton <bab [AT] debian.org> para o sistema Debian GNU/Linux® (pero pode ser usada por outros).

COMMENTS

blog comments powered by Disqus